ARGUMENTO DA OBRA:
O libro trata da historia que lle acontece a un grupo de amigos cando van de esmorga polas rúas de Ourense.O relato comeza coa declaración do protagonista ante o xuíz.O protagonista é o chamado Cibrán,o cal tras pasar toda a fin de semana coa súa muller e o seu fillo,se levanta cedo para ir traballar e polo camiño encóntrase con dous amigos seus que andaban de esmorga e estaban algo bébedos, eran O Bocas e O Milhomes. Tras convencer a Cibran de que hoxe non tería traballo, porque ía mal día e traballaba na construción...Pois tras lograr que Cibrán se vaia con eles de esmorga comezan o seu percorrido polas tabernas, locais, casas de alterne,etc. onde lle suceden moitas experiencias que logo lle traeran consecuencias.
O primeiro lugar onde van é a unha taberna, a taberna da tía Esquilacha. Ao saír de alí deciden ir ao pazo dos Andrada,onde segundo eles había unha muller fermosísima, así que se meten por un buraco do xardín para vela pero deciden marchar. O Bocas quedara namorado desa muller.
Despois van a un pazo onde se encontraba un parente do Milhomes e seguen a beber na súa adega,pero por un descoido prenden lume ao pazo e teñen que escapar de alí.
Como tiñan cartos deciden ir a unha casa de alterne, da que os botan e tamén é alí onde unha muller dille a Cibrán que a outra noite o Bocas matara a un home. Vanse cara outra casa de alterne, nesta son mellor recibidos pero aínda así despois acaban por botalos.
Fan plans para ir a Auria pola mañá no tren, e mentres dan voltas polas rúas seguen a beber nunha churrería onde rouban botellas de augardente. Logo agáchanse nunha igrexa e ao saír de alí van para o mesón de Roxo,onde perden todos os cartos que tiñan.
Volven a ir ao pazo dos Andrada, entran dentro e rouban as alfaias. O Bocas busca a muller fermosa pero cando a encontra resulta que é unha boneca.
O Bocas enfádase e di que quere estar cunha muller que non sexa prostituta, así que os seus amigos lévano ao vertedoiro de Auria onde está unha muller,Socorrito, que din que está un pouco tola.O Bocas obrígaa a estar con el, pero cando Cibran e O Milhomes a escoitan berrar acoden onda eles.Milhomes saca a navalla para ferir a O Bocas e sen querer fere a Cibran, que trataba de evitalo. Logo mata O Bocas e a continuación escapa por unha lagoa xeada, a cal rompe e este cae e afoga.
Cando remata o relato Cibran ten que regresar ao cuartelillo e este utiliza a navalla que servira de proba e mátase.Este final,non está moi claro xa que o mesmo autor di que non se sabe moi ben por que morre Cibrán.
PERSONAXES:
CIBRÁN: o protagonista,que ía como calquera persoa pola mañá a traballar,cando é convencido polos seus amigos para ir de esmorga e isto ao final cústalle a vida.
O MILHOMES: un dos amigos de Cibrán,que vai de esmorga,era homosexual segundo afirma O Bocas, por iso nunca quería quedar con el a soas.Tamén é chamado Maricallas ou setesaias. El é o que mata O Bocas.
O BOCAS: un dos amigos de Cibrán,que vai de esmorga co Milhomes. Morre cando O milhomes lle crava unha navalla e supostamente el tamén matara a un home.
O XUÍZ: actúa como interlocutor na declaración de Cibrán.
PERSONAXES SECUNDARIOS: prostitutas,señor Andrade, empregados do concello, a Tía esquilacha, a muller e fillo de Cibrán,etc.
ESPAZO:
Todo sucede nas rúas e prazas de Ourense, nas súas fontes, igrexas e sobretodo nos seus mesón, tabernas e prostíbulos.
TEMPO:
A historia sucede en 24 horas,un día enteiro de esmorga. Aínda que a declaración de Cibrán relátase en dous días.
OPINIÓN PERSOAL:
Para min o libro é moi entretido.A pesar do seu vocabulario,chegas a entender todo claramente e é un relato que te chama a seguir lendo,queres saber que cousas lle suceden en cada un dos lugares os que van de esmorga,queres saber como remata,queres lelo.Eu penso que é un libro que podemos ler todos e que nos gustaría moito,de feito a min gustoume.
Paula Estraviz (1º Bacharelato A)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario