7.4.08

Baixo o luar do acantilado

Resumo do libro
A historia comeza cando o profesor Mühlberg dixo que a excursión a Cornualles só ían ir vinte alumnos e na clase había vinteun. Toda a clase mirou cara a Lars, o rapaz que sentaba ao final da clase e case todos dicían polo baixo : será Lars o número vinte e un, quen non irá á excursión.
Lars era un rapaz que sempre andaba metido nalgún lío e cando o profesor dixo iso marchou enrabietado da clase pero Sevim, a noiva de Lars, interpúxose no seu camiño, pero este rexeitouna cun golpe e marchou da clase.Cando saíu da clase deuse de conta do erro que acababa de cometer, Sevim non o perdoaría nunca, pero agora xa non podía retificar, así que marchou.
Fóra do colexio preguntouse que podía facer, a casa non podería volver porque a nai enfadaríase moito e así pensou nos seus dous amigos Thomas e Markus. Eran dous dos típicos bándalos que non ían a clase, así pois decidiu ir onda Markus, aínda que este odiaba os turcos e como Sevim era turca sempre se estaba a meter con el. Ao final decidiu ir o centro comercial, pasou toda a mañá dun centro comercial para outro, entroulle a fame e decidiu ir para casa. Cando chegou a casa atopou unha nota da súa nai na que lle dicía que estaba con Oskar e que quentara a cea. Oskar era o novo mozo da nai de Lars, e a Lars non lle caía moi ben que se diga.De súpeto Lars oíu o teléfono pero non o colleu pensando que era Sevim.
Si que era Sevim que o estaba chamando nunha cabina telefónica xunto coa súa mellor amiga Nicole. Nicole non sabía como Sevim seguía aínda preocupada por Lars, un rapaz tan tonto e malo, pero Sevim sempre lle dicía que el non era así.
O día seguinte Lars non quería ir o colexio, tería que volver falar con Mühlberg e con Sevim e el non quería. Así pois decidiu non ir o colexio, cando a súa nai revisou o correo encontrou unha carta que proviña do colexio na que lle explicaba que Lars non podería ir a excursión.Cando a nai a acabou de ler, enfadouse moito con Lars pero este foise para a súa cama e durmiu. Cando espertou intentou recordar o que soñara e recordou que o soño era sobre Tristán e Isolda, a historia na que Lars e mais Sevim se vían reflexados.
Esa mesma noite foi cando decidiu escribirlle unha carta a Sevim na que lle explicaba que el ía ir pola súa conta a Cornualles, así pois ,Lars esa mesma noite preparou a súa mochila e repasou o atlas para aprenderse o percorrido.
Unha semana despois Lars encontrou unha carta da súa nai na que lle dicía que ía ir pasar unha semana con Oskar, isto facilitoulle a Lars a viaxe.Os da clase xa marcharan o día pasado, así que Lars debía apresurarse.Así pois Lars saíu da casa e foi coller un billete destino Bremen-Bodmin.
O primeiro traxecto fíxoo en barco. Ao parar en Dover xa foi buscar o tren cara Londres.No compartimento do tren tocoulle ir cunha africana e mailos seus fillos. Lars amigouse con eles, a muller chamábase Sarah, e un dos fillos Nik. Ao chegaren á estación despedíronse.
En Londres, Lars foi ver os sitios turísticos dos que se acordaba e despois foi pasar a noite a un albergue. O dia seguinte Lars colleu o tren cara Cornualles, el baixaría en Bodmin Parkway.Cando chegou alí durmiu nun cemiterio.
Cando espertou non sabía moi ben onde se encontraba, era noite e non miraba moito.O que lle despertaran eran as campás da igrexa. Cando se levantou foi ver as tumbas e decatouse que había un home que o estaba observando. Ese home díxolle se quería ir almorzar á súa casa e Lars asentiu. O home chamábase Robert e despois de almorzar ensinoulle a casa a Lars. Lars amigouse moito con el e ata no taller de Robert estiveron traballando xuntos nun moble. A Lars as horas con Robert pasábanlle voando. Cando acabaron de pintar e vernizar o armario, Robert díxolle a Lars se quería ir á costa bañarse na praia.
Mentres tanto o grupo de Mülberg estaba visitando a muralla do rei Arturo e todos o pasaban moi ben xogando as loitas de cabalos. Kai e Martin subiron a Mülberg ás súas costas enfrentaronse a Sevim. Estaban moi ben, comían lambetadas,xogaban...E de súpeto a Sevim veulle Lars á cabeza e Mülberg tamén e os dous pensaron que era unha mágoa que non estivera alí con eles.
Ao chegar a praia Robert e Lars nadaron xuntos un bo anaco e cando marchaban Robert díxolle que tiña que ir xunto duns amigos nun pub de Boscastle. Cando ían no coche Lars foi decidido decirlle ao da súa clase , e de repente ven pasar un grupo de rapaces por diante deles. Lars recoñeceunos, era a sua clase ,pero el agochouse no coche. Cando chegaron a Bostcastle Robert quedou con Lars no pub as sete. Lars foi ver se atopaba os seus compañeiros e viunos na estrada comarcal, ían todos e Lars decatouse que Saim, o rapaz co que Lars se pelexara estaba con Sevim e Lars se encabuxou.
Cando os rapaces do grupo chegaron a granxa onde se aloxaban,Sevim decidiu mandarlle unha carta a Lars. Á hora prevista Lars xa estaba no pub, Robert puxose a falar cos seus amigos Mike e George. George era o propietario da granxa onde estaban os compañeiros de Lars e comentou que lle acababa de chegar un grupo de alemáns á granxa, é Mike o que lle ía vender a barca a Robert. Á mañá seguinte Robert e Lars foron pola barca que estaba na cala de Beeny, debaixo da granxa de Mike. Cando chegaron Robert levou a Lars a un lugar onde había un buraco nunha rocha e díxolle que era o pasadizo que leva a granxa. Nese momento foi cando Lars lle contou toda a verdade sobre el e a súa clase e Robert comprendeuno. Así pois Lars decidiu axudarlle a pintar a barca pero Robert díxolle que fose a ver os da súa clase e Lars díxolle que o faría. Lars decidiu ir a granxa, pero non entrou .
O día seguinte Lars atopouse por sorpresa con Sevim, ela alegrouse moito de velo e intentouno convencer de que fose con ela á granxa pero el non quería, pero Sevim conseguiu convencelo. Ao chegar á granxa todos se alegraron de velo, todos excepto Said. Lars explicoulles todo o que fixera para chegar onda eles e ensinoulles os sitos que lle ensinara Robert.
Decidiron chamar á nai de Lars para que non se preocupase, e todos eses días que lles quedaban pasáronos moi ben. Ata que chegou o día do regreso e todos volveron para casa.
Como son os personaxes
-Lars Sasse:é un rapaz despreocupado que sempre saca malas notas na súa clase.É o mozo de Sevim.
-Sevim:É unha rapaza turca que está namorada de Lars
-Nicole:é a mellor amiga de Sevim
-Saim:é o rapaz turco co que se pelexou Lars .Está namorado de Sevim
-Mülberg:é o profesor da clase de Lars
-Sarah e Nik:son a nai e o neno cos que Lars fala no tren
-Thomas e Markus:son os amigos de Lars que sempre se estan a meter coa xente
-Robert:é o mozo que encontra a Lars no cemiterio e que lle dá aloxamento na súa casa
-George e Mike:son os amigos de Robert
Opinión persoal
O libro gustoume por aspectos como nos que Lars é tan decidido á hora de ir el só para Cornualles. Sabe que se ten que esforzar en aprender o inglés e tamén en buscar os seus compañeiros. Tamén me gustou Robert, unha persoa á que Lars acababa de coñecer e que lle axuda a ser mellor persoa e á vez entreteno coa barca que fan entre os dous de forma que Lars tómao polo seu pai e Robert á súa vez como seu fillo.
Non me gustaron cousas como o de poñer tantos nomes de rapaces da súa clase e que logo case non lles dean importancia porque eu penso que se se fala dalgún persoaxe deben contar algo máis del e non dicir o seu nome e logo non volver falar máis.
Recomendarias o libro
Si, porque me pareceu un libro entretido que lles gusta incluso a aqueles/as que non lean con frecuencia

No hay comentarios: