16.10.08

Podcast de poesía. No corazón unha arela

Powered by eSnips.com

16.4.08

Chamábase Luís (Marina Mayoral)

Sinopse

Chamábase Luís trata dunha familia moi desgraciada, na que os dous fillos están metidos na droga e a filla é desgraciada por casar embarazada co pai do seu fillo. Rosa, a súa nai, tamén casou co seu marido porque lle dixeran que o seu mozo tiña unha amante na súa vila. Pero o único fillo normal era Pablo, porque estaba casado e tiña un fillo. Pero tamén fala a dona da que é a casa na que Rosa traballa e os seus fillos. Un tenlle moito aprecio Luís e outro tenlle medo e non lle gusta moito. Luís que tamén tivo muller pero morreu. Ten dous fillos: Xaquín (que era da súa muller pero doutro home) e Mónica.

Temas

Trata da pobreza dunha familia porque dous dos seus fillos son drogadictos. Aparte, o outro fillo fala do ben que trataron os seus irmáns e o mal que o trataron a el. Pero o libro non acaba aí porque despois fala da única filla, que casou porque e estaba embarazada.

Descrición dos Personaxes

- Rosa: A nai, cincuenta e sete anos, viúva dende hai dez. Catro fillos (Pablo, Alberte, Luís e Lola) dous deles drogadictos. Pablo morreu hai ano e medio e Luís. Traballa como asistenta fixa nunha casa oito horas diarias.

- Alberte: Ten un fillo, muller e traballo fixo.

- Pablo: Un dos fillos drogadictos, ten unha muller que morre e dous fillos.

- Xaquín: Fillo de Cati, muller de Luís, pero non de Luís, ten trece anos.

- Mónica: Filla de Luís e Cati, oito anos.

- Cati: Muller de Luís que morre unha noite de enfado con el.

- T: Fillo da casa onde traballa Rosa, dezaseis anos, estudante de primeiro de bacharelato.

- M: Fillo da casa onde traballa Rosa, dezanove anos, estudante de segundo de Ciencias Matemáticas.

Opinión Persoal

Creo que é unha boa descrición dos problemas das drogas que non só afectan o que as consome, senón que tamén afecta a toda a familia e o seu entorno.
Aparte tamén fala dos matrimonios que casan porque a muller está embarazada e son desgraciados.
Chamábase Luís é un bo libro para recomendar, xa que trata máis do entorno da familia ca do propio drogadicto.

Martín Taboada Lorenzo (3º ESO B)

A Banda sen futuro

Título: A banda sen futuro
Autora: Marilar Aleixandre
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de xogo
Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 1999
Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Lecturas 2001

Valoración Persoal

O libro gustoume moito, o argumento está moi ben. Paréceme que reflexa moi ben como son os mozos hoxe en día e tamén como son os profesores e o duras que son a clases no instituto.
Gustoume moito que Poch puidese falar coa nena aínda que estivese morto e que el a través da foto falara con ela e lle axudase cos seus problemas.
O que menos, cando a xente se metía con Carlota por ter un cancro e todos se rían de que tiña o pelo curto e facían chistes.

Mario Sánchez Rivas 2º ESO A

15.4.08

A Banda sen futuro (Marilar Aleixandre)

Resumo
Carlota é una nena de dezaseis anos que ten un eccema e ten que ir coa cabeza rapada e por iso non quere ir o instituto pero a nai obrígaa. Un día viña no xornal unha noticia de que morreu un cantante que se chamaba Poch , do grupo Derribos Arias e A banda sen futuro , no xornal aparecía una foto súa e Carlota recórtaa e pona na súa habitación. O primeiro día de instituto Carlota sente que todos a están mirando. Miguel, un compañeiro dela, deféndea e ela di que é o seu protector.
O profesor dilles que para Nadal teñen que facer unha obra de teatro. O reparto xa está feito.
O día seguinte no recreo Carlota busca a Miguel pero encóntrase con Moncho para saber que roupa ía levar a obra e ensínalle un boceto. Carlota queda sorprendida polos peitos que Moncho lle debuxara. Carlota volve buscar no recreo a Miguel pero sempre se encontra con Moncho que lle ensina a roupa que podería levar na obra.
Carlota chama a Paulina, unha compañeira da súa clase para ir ao cine pero non estaba na casa entón Carlota foi coa súa curmá. O chegar a casa os pais dinlle que viron a Paulina con Miguel.
Carlota non quere encontrarse con Miguel e Paulina no colexio. Moncho ensínalle outro traxe e se volve a fixar en que lle volveu facer os peitos.
A avoa de Carlota dille que ten cancro e Carlota vai chorar o seu cuarto.
No colexio ve como Miguel e Paulina andan collidos da man. O terminar os ensaios vaise o baño a quitar a maquillaxe. Moncho chama por Carlota dende a porta e dille que na obra vaia sen o gorro pero ela respóndelle que non sen dubidar. El insiste e dille que a el lle da igual que teña pelo ou non, gústalle como é. Moncho bica a Carlota, sácalle o gorro e lle di que se mire no espello.
Ela mirase e xa non mira o monstro que miraba antes. Por fin chegou o día en que Carlota xa podía deixar crecer o pelo. Pero seguía triste polo da súa avoa.
Carlota dille a Moncho que o día de facer a obra de teatro vai ir sen o gorro para conseguir a expectación dos compañeiros.




Personaxes principais

Carlota: é unha nena que ten un eccema e ten medo de adentrarse no instituto novo polo que poidan pensar os alumnos.
Poch: é un cantante do grupo Derribos Arias que morreu e Carlota admira os seus discos. Ten una foto súa na habitación coa que fala case todos os días
Miguel: é un compañeiro de Carlota que a defendeu una vez e Carlota namorouse del pero o final el foise con outra.
Moncho: é un compañeiro de Carlota que ten o pelo rapado porque di que é mais cómodo levalo así. Moncho namórase de Carlota e ao final acaban saíndo.


Valoración persoal

O que máis me gustou do libro é que moitos dos sucesos que ocorreron pasan en verdade en moitos institutos. Cando alguén ten una enfermidade a xente acostuma meterse con ela en vez de apoiala. O que menos me gustou foi como terminou porque non aparece o que pasou na obra de teatro. No libro non hai moitas conversacións e as que hai son moi curtas.
Recomendo o libro porque na realidade pasan cousas semellantes nos institutos e creo que é moi interesante.


Samuel Martínez Collazo (2º ESO A)

11.4.08

A ESMORGA . Eduardo Blanco Amor

ARGUMENTO DA OBRA:

O libro trata da historia que lle acontece a un grupo de amigos cando van de esmorga polas rúas de Ourense.O relato comeza coa declaración do protagonista ante o xuíz.O protagonista é o chamado Cibrán,o cal tras pasar toda a fin de semana coa súa muller e o seu fillo,se levanta cedo para ir traballar e polo camiño encóntrase con dous amigos seus que andaban de esmorga e estaban algo bébedos, eran O Bocas e O Milhomes. Tras convencer a Cibran de que hoxe non tería traballo, porque ía mal día e traballaba na construción...Pois tras lograr que Cibrán se vaia con eles de esmorga comezan o seu percorrido polas tabernas, locais, casas de alterne,etc. onde lle suceden moitas experiencias que logo lle traeran consecuencias.
O primeiro lugar onde van é a unha taberna, a taberna da tía Esquilacha. Ao saír de alí deciden ir ao pazo dos Andrada,onde segundo eles había unha muller fermosísima, así que se meten por un buraco do xardín para vela pero deciden marchar. O Bocas quedara namorado desa muller.
Despois van a un pazo onde se encontraba un parente do Milhomes e seguen a beber na súa adega,pero por un descoido prenden lume ao pazo e teñen que escapar de alí.
Como tiñan cartos deciden ir a unha casa de alterne, da que os botan e tamén é alí onde unha muller dille a Cibrán que a outra noite o Bocas matara a un home. Vanse cara outra casa de alterne, nesta son mellor recibidos pero aínda así despois acaban por botalos.
Fan plans para ir a Auria pola mañá no tren, e mentres dan voltas polas rúas seguen a beber nunha churrería onde rouban botellas de augardente. Logo agáchanse nunha igrexa e ao saír de alí van para o mesón de Roxo,onde perden todos os cartos que tiñan.
Volven a ir ao pazo dos Andrada, entran dentro e rouban as alfaias. O Bocas busca a muller fermosa pero cando a encontra resulta que é unha boneca.
O Bocas enfádase e di que quere estar cunha muller que non sexa prostituta, así que os seus amigos lévano ao vertedoiro de Auria onde está unha muller,Socorrito, que din que está un pouco tola.O Bocas obrígaa a estar con el, pero cando Cibran e O Milhomes a escoitan berrar acoden onda eles.Milhomes saca a navalla para ferir a O Bocas e sen querer fere a Cibran, que trataba de evitalo. Logo mata O Bocas e a continuación escapa por unha lagoa xeada, a cal rompe e este cae e afoga.
Cando remata o relato Cibran ten que regresar ao cuartelillo e este utiliza a navalla que servira de proba e mátase.Este final,non está moi claro xa que o mesmo autor di que non se sabe moi ben por que morre Cibrán.

PERSONAXES:

CIBRÁN: o protagonista,que ía como calquera persoa pola mañá a traballar,cando é convencido polos seus amigos para ir de esmorga e isto ao final cústalle a vida.

O MILHOMES: un dos amigos de Cibrán,que vai de esmorga,era homosexual segundo afirma O Bocas, por iso nunca quería quedar con el a soas.Tamén é chamado Maricallas ou setesaias. El é o que mata O Bocas.

O BOCAS: un dos amigos de Cibrán,que vai de esmorga co Milhomes. Morre cando O milhomes lle crava unha navalla e supostamente el tamén matara a un home.

O XUÍZ: actúa como interlocutor na declaración de Cibrán.

PERSONAXES SECUNDARIOS: prostitutas,señor Andrade, empregados do concello, a Tía esquilacha, a muller e fillo de Cibrán,etc.
ESPAZO:

Todo sucede nas rúas e prazas de Ourense, nas súas fontes, igrexas e sobretodo nos seus mesón, tabernas e prostíbulos.


TEMPO:

A historia sucede en 24 horas,un día enteiro de esmorga. Aínda que a declaración de Cibrán relátase en dous días.


OPINIÓN PERSOAL:

Para min o libro é moi entretido.A pesar do seu vocabulario,chegas a entender todo claramente e é un relato que te chama a seguir lendo,queres saber que cousas lle suceden en cada un dos lugares os que van de esmorga,queres saber como remata,queres lelo.Eu penso que é un libro que podemos ler todos e que nos gustaría moito,de feito a min gustoume.

Paula Estraviz (1º Bacharelato A)

A BANDA SEN FUTURO. Marilar Aleixandre

O conto trata dunha rapaza de dezaseis anos chamada Carlota, que ten a cabeza rapada por culpa dun eccema, e aparte cambiase de cidade e tense que cambiar de instituto.
Ela colle o xornal e recorta unha foto de Poch e pona na parede da súa habitación e de vez en cando fala con el.
O primeiro día de colexio todo o mundo rise de ela, e sobre todo una rapaza co pelo longo chamada Lidia que Carlota odia dende ese momento. A Carlota gústalle Miguel, un rapaz da súa clase, pero a el gústalle Paulina unha amiga de Carlota.
Carlota un día pide un desexo malo para Lidia e Lidia sofre unha intoxicación e Carlota pensa que é pola súa culpa, pero a avoa dille que non foi culpa súa.
No instituto a clase de Carlota teñen moitos problemas coa profesora de plástica pero seu titor, o chamado Míster Bean, arranxa todo.
Roberto o profesor de lingua propón facer unha obra de teatro, todo o mundo di que si. A Carlota tocoulle ser o Dencho que por sorte ten que levar capucha.
Moncho axuda a Carlota a elixir a roupa que vai levar na obra.
A avoa de Carlota dille que ten cancro, ela ponse moi triste e empeza a estar máis tempo con ela.
Uns días antes van ensaiar todos a obra de teatro.
Un día cando Carlota estaba no baño quitando a maquillase entrou Moncho e díxolle que se na obra actuaba sen o gorro, ela negouse, el dille que lle gusta moito e bícanse.
Cando Carlota vai buscar as probas o hospital, dinlle que xa pode deixar medrar o pelo, ela ponse moi contenta. Carlota dille a Moncho que xa pode deixar crecer o pelo e el dille se na obra vai quitar o gorro e ela dille que si.
Ao chegar a casa dille a súa avoa que ten noivo e ela alégrase.

VALORACIÓN PERSOAL

O que máis me gustou foi que o libro explica como é a realidade e que non e fácil facer amigos se tes a cabeza rapada e máis se te cambias de instituto.
O que menos me gustou foi como acabou o libro porque non di o que pasa coa obra de teatro nin o que pasa coa avoa.

Eu recomendo o libro porque é moi interesante e divertido e a min gustoume moito.


Saray Martínez Cabaleiro (2º ESO A)

8.4.08

“A ESMORGA” E. Blanco Amor

TEMA:

Tráxico final duns individuos marxinados pola sociedade despois dunha noite de esmorga.


ARGUMENTO:

A historia comeza cando Cibrán, un picapedreiro, é acusado e ten que declarar ante o xuíz.
Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha estrada, e convenceuno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) na cidade de Auria, de borracheira. Ao saír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosa muller que pouca xente mirou. Métense por un burato do xardín e mírana dende lonxe nunha fiestra.
Despois de seguir vagando por Auria, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu, quen lles invita a quedarse na bodega , onde seguen a beber. Por descoido préndenlle lume ao pazo e escapan de alí. Despois, decidiron ir a unha casa de alterne. Na primeira bótanos fóra, e unha das mulleres dille a Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes, nunha taberna. Teñen que escapar correndo de alí, e van a outro lugar onde son mellor recibidos.
Fan plans de saír de Auria en tren pola mañá cedo, e para facer tempo dan voltas polas rúas, e nunha churrería o Milhomes rouba dúas botellas de augardente e continúan bebendo e vagando. Para que non lles atopen, agáchanse nunha igrexa, e ao saír van ao mesón do Roxo, onde perden todos os cartos.
Deciden voltar á casa dos Andrada, porque o Bocas desexaba estar coa muller que vira pola mañá, a que o final resulta ser unha boneca. O Bocas enfadase e di que quere estar cunha muller que non sexa prostituta. Para satisfacer a súa necesidade vai en busca de Socorrito, unha muller tola, que vive preto de vertedeiro de Auria.
Cando o Milhomes e Cibrán escoitan os berros da muller van correndo ata o lugar. O Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata. O Milhomes escapa do lugar por unha lagoa xeada, pero o xeo rompe e desaparece afundido.
O final da declaración, o xuíz ordena a volta ao cuartel de Cibrán. Este desesperado suicídase, aínda que non é segura como foi a súa morte.

PERSONAXES:

1. Cibrán: coñecido tamén polo “tiñica”, “puchapodre” ou o “castizo”. É un picapedreiro, que ten un fillo froito da relación cunha prostituta.

2. O Bocas: é un home corpulento, de carácter forte. É de salientar tamén a brutalidade que o vai caracterizando ao longo de toda a obra.

3. O Milhomes: ou tamén coñecido por “maricallas” ou “setesaias”. Tiña un oficio de xastre e unha maneira de ser moi burlona, a cal foi consecuencia de numerosas pelexas, como por exemplo a que mantivo co Bocas e que finalmente remata co incendio do pazo.

OPINIÓN PERSOAL:

É un libro un tanto peculiar, xa que toda a acción transcorre en vinte e catro horas. Chamoume a atención o papel do xuíz neste libro, o que se mantén como interlocutor toda a obra.
O que máis me intrigou foi o final, onde Cibrán se mata, pero sen ter moi clara a forma.
Sinceramente, non é un libro que recomendaria, xa que ao principio é un tanto pesado polo galego no que está escrito, no que aparecen todo tipo de vulgarismos, afereses, epenteses…



Noelia Martínez Novelle

A banda sen futuro ( Marilar Aleixandre)

Carlota é unha nena de dezaseis anos,cambia de instituto,e cústalle moito facer amigos.Encántalle o cantante Poch. No xornal viu unha noticia na que poñía que morrera e quedou tremendo, colleu a fotografía que había no periódico e púxoa na parede da súa habitación,case tódolos días fala con esa foto coma se el a escoitase e cóntalle todo o que lle aconteceu no día e cousas da súa clase.Ten un eccema e iso faille caer o pelo. O primeiro trimestre non quere ir ao instituto porque non ten pelo, pero a nai obrígaa xa que ten que seguir cos seus estudos. Comenzan as clases e hai unha nena chamada Lidia que lle cae fatal. Odia os recreos xa que todos están cos seus amigos menos ela, todos rin, falan, corren,ect. Cada quince días ten que faltar a clase porque ten que ir ao hospital por culpa do tratamento. Un día Toño métese con Carlota e Míster Bean non o escoita, Miguel a defende dicíndolle: "-Cala gilipollas! "Míster Bean escóitao e bótao da clase. Ao saír da clase Carlota intenta buscar a Miguel para darlle as grazas pero non o encontra. A Carlota acáballe por gustar Miguel.
Pasan uns días e Carlota, o pai, a nai e a súa irmá van por pasteis, como non hai de nata cóllenos de crema, pero eles non sabían que os pasteis estaban malos, por sorte a eles non lle tocan ningún mal.
Carlota cóntalle a súa avoa que oxalá morrese Lidia. O día seguinte a profesora anuncia que hai xente mala por culpa dos pasteis e unha delas é Lidia e tamén son: Antonio Rodríguez e Isabel Castro.O irmán pequeno de Isabel morrera esa noite, hai moita xente grave e tamén dous que morreron. Carlota arrepíntese de ter dito aquilo e confésallo á súa avoa. Carlota pensa que Lidia está mal pola súa culpa. Pasados uns días Lidia volve ás clases recuperada. Carlota vai facendo amigos pouco a pouco, e cando se decata xa ten moitos. Pasa bastante tempo e a avoa ten que ir facer unhas análises. Os resultados son malos e a nai di a Carlota que hai que coidar moito á avoa xa que é moi vella. Ao final a avoa acáballe confesando a Carlota que ten un cancro. A Moncho gústalle Carlota. Pasan uns poucos días e a avoa morre.

Personaxaes principais
Carlota:é a protagonista do libro.
Moncho:a el gústalle Carlota.
Miguel:a Carlota gústalle el.
Lidia:Carlota e ela lévanse mal pero ao final van facendo as paces.

Valoración persoal
O libro está moi ben xa que fala das cousas que nos poden pasar na adolescencia, de o que pode chegar a sentir unha persoa que ten un eccema e que non ten pelo. A verdade é que o libro está moi ben.

Que é o que máis me gustou?
Cando Moncho lle dá un bico a Carlota.

E o que menos?
Cando chamaban a Carlota Cocoliso e burlábanse dela, dábame moita pena.

Recomendarías o libro?Por que?
Si, porque é moi bonito, e o que lle pasou a esta nena chamada Carlota pódelle pasar a calquera. É un libro que eu penso que sería moi bo que o lese a xente que ten entre doce e dezaseis anos.

7.4.08

Baixo o luar do acantilado

Resumo do libro
A historia comeza cando o profesor Mühlberg dixo que a excursión a Cornualles só ían ir vinte alumnos e na clase había vinteun. Toda a clase mirou cara a Lars, o rapaz que sentaba ao final da clase e case todos dicían polo baixo : será Lars o número vinte e un, quen non irá á excursión.
Lars era un rapaz que sempre andaba metido nalgún lío e cando o profesor dixo iso marchou enrabietado da clase pero Sevim, a noiva de Lars, interpúxose no seu camiño, pero este rexeitouna cun golpe e marchou da clase.Cando saíu da clase deuse de conta do erro que acababa de cometer, Sevim non o perdoaría nunca, pero agora xa non podía retificar, así que marchou.
Fóra do colexio preguntouse que podía facer, a casa non podería volver porque a nai enfadaríase moito e así pensou nos seus dous amigos Thomas e Markus. Eran dous dos típicos bándalos que non ían a clase, así pois decidiu ir onda Markus, aínda que este odiaba os turcos e como Sevim era turca sempre se estaba a meter con el. Ao final decidiu ir o centro comercial, pasou toda a mañá dun centro comercial para outro, entroulle a fame e decidiu ir para casa. Cando chegou a casa atopou unha nota da súa nai na que lle dicía que estaba con Oskar e que quentara a cea. Oskar era o novo mozo da nai de Lars, e a Lars non lle caía moi ben que se diga.De súpeto Lars oíu o teléfono pero non o colleu pensando que era Sevim.
Si que era Sevim que o estaba chamando nunha cabina telefónica xunto coa súa mellor amiga Nicole. Nicole non sabía como Sevim seguía aínda preocupada por Lars, un rapaz tan tonto e malo, pero Sevim sempre lle dicía que el non era así.
O día seguinte Lars non quería ir o colexio, tería que volver falar con Mühlberg e con Sevim e el non quería. Así pois decidiu non ir o colexio, cando a súa nai revisou o correo encontrou unha carta que proviña do colexio na que lle explicaba que Lars non podería ir a excursión.Cando a nai a acabou de ler, enfadouse moito con Lars pero este foise para a súa cama e durmiu. Cando espertou intentou recordar o que soñara e recordou que o soño era sobre Tristán e Isolda, a historia na que Lars e mais Sevim se vían reflexados.
Esa mesma noite foi cando decidiu escribirlle unha carta a Sevim na que lle explicaba que el ía ir pola súa conta a Cornualles, así pois ,Lars esa mesma noite preparou a súa mochila e repasou o atlas para aprenderse o percorrido.
Unha semana despois Lars encontrou unha carta da súa nai na que lle dicía que ía ir pasar unha semana con Oskar, isto facilitoulle a Lars a viaxe.Os da clase xa marcharan o día pasado, así que Lars debía apresurarse.Así pois Lars saíu da casa e foi coller un billete destino Bremen-Bodmin.
O primeiro traxecto fíxoo en barco. Ao parar en Dover xa foi buscar o tren cara Londres.No compartimento do tren tocoulle ir cunha africana e mailos seus fillos. Lars amigouse con eles, a muller chamábase Sarah, e un dos fillos Nik. Ao chegaren á estación despedíronse.
En Londres, Lars foi ver os sitios turísticos dos que se acordaba e despois foi pasar a noite a un albergue. O dia seguinte Lars colleu o tren cara Cornualles, el baixaría en Bodmin Parkway.Cando chegou alí durmiu nun cemiterio.
Cando espertou non sabía moi ben onde se encontraba, era noite e non miraba moito.O que lle despertaran eran as campás da igrexa. Cando se levantou foi ver as tumbas e decatouse que había un home que o estaba observando. Ese home díxolle se quería ir almorzar á súa casa e Lars asentiu. O home chamábase Robert e despois de almorzar ensinoulle a casa a Lars. Lars amigouse moito con el e ata no taller de Robert estiveron traballando xuntos nun moble. A Lars as horas con Robert pasábanlle voando. Cando acabaron de pintar e vernizar o armario, Robert díxolle a Lars se quería ir á costa bañarse na praia.
Mentres tanto o grupo de Mülberg estaba visitando a muralla do rei Arturo e todos o pasaban moi ben xogando as loitas de cabalos. Kai e Martin subiron a Mülberg ás súas costas enfrentaronse a Sevim. Estaban moi ben, comían lambetadas,xogaban...E de súpeto a Sevim veulle Lars á cabeza e Mülberg tamén e os dous pensaron que era unha mágoa que non estivera alí con eles.
Ao chegar a praia Robert e Lars nadaron xuntos un bo anaco e cando marchaban Robert díxolle que tiña que ir xunto duns amigos nun pub de Boscastle. Cando ían no coche Lars foi decidido decirlle ao da súa clase , e de repente ven pasar un grupo de rapaces por diante deles. Lars recoñeceunos, era a sua clase ,pero el agochouse no coche. Cando chegaron a Bostcastle Robert quedou con Lars no pub as sete. Lars foi ver se atopaba os seus compañeiros e viunos na estrada comarcal, ían todos e Lars decatouse que Saim, o rapaz co que Lars se pelexara estaba con Sevim e Lars se encabuxou.
Cando os rapaces do grupo chegaron a granxa onde se aloxaban,Sevim decidiu mandarlle unha carta a Lars. Á hora prevista Lars xa estaba no pub, Robert puxose a falar cos seus amigos Mike e George. George era o propietario da granxa onde estaban os compañeiros de Lars e comentou que lle acababa de chegar un grupo de alemáns á granxa, é Mike o que lle ía vender a barca a Robert. Á mañá seguinte Robert e Lars foron pola barca que estaba na cala de Beeny, debaixo da granxa de Mike. Cando chegaron Robert levou a Lars a un lugar onde había un buraco nunha rocha e díxolle que era o pasadizo que leva a granxa. Nese momento foi cando Lars lle contou toda a verdade sobre el e a súa clase e Robert comprendeuno. Así pois Lars decidiu axudarlle a pintar a barca pero Robert díxolle que fose a ver os da súa clase e Lars díxolle que o faría. Lars decidiu ir a granxa, pero non entrou .
O día seguinte Lars atopouse por sorpresa con Sevim, ela alegrouse moito de velo e intentouno convencer de que fose con ela á granxa pero el non quería, pero Sevim conseguiu convencelo. Ao chegar á granxa todos se alegraron de velo, todos excepto Said. Lars explicoulles todo o que fixera para chegar onda eles e ensinoulles os sitos que lle ensinara Robert.
Decidiron chamar á nai de Lars para que non se preocupase, e todos eses días que lles quedaban pasáronos moi ben. Ata que chegou o día do regreso e todos volveron para casa.
Como son os personaxes
-Lars Sasse:é un rapaz despreocupado que sempre saca malas notas na súa clase.É o mozo de Sevim.
-Sevim:É unha rapaza turca que está namorada de Lars
-Nicole:é a mellor amiga de Sevim
-Saim:é o rapaz turco co que se pelexou Lars .Está namorado de Sevim
-Mülberg:é o profesor da clase de Lars
-Sarah e Nik:son a nai e o neno cos que Lars fala no tren
-Thomas e Markus:son os amigos de Lars que sempre se estan a meter coa xente
-Robert:é o mozo que encontra a Lars no cemiterio e que lle dá aloxamento na súa casa
-George e Mike:son os amigos de Robert
Opinión persoal
O libro gustoume por aspectos como nos que Lars é tan decidido á hora de ir el só para Cornualles. Sabe que se ten que esforzar en aprender o inglés e tamén en buscar os seus compañeiros. Tamén me gustou Robert, unha persoa á que Lars acababa de coñecer e que lle axuda a ser mellor persoa e á vez entreteno coa barca que fan entre os dous de forma que Lars tómao polo seu pai e Robert á súa vez como seu fillo.
Non me gustaron cousas como o de poñer tantos nomes de rapaces da súa clase e que logo case non lles dean importancia porque eu penso que se se fala dalgún persoaxe deben contar algo máis del e non dicir o seu nome e logo non volver falar máis.
Recomendarias o libro
Si, porque me pareceu un libro entretido que lles gusta incluso a aqueles/as que non lean con frecuencia

A esmorga. (E. BLANCO AMOR)

TEMA:
Tráxico final duns individuos marxinados pola sociedade despois dunha noite de esmorga.
ARGUMENTO:
A historia comeza cando Cibrán, un picapedreiro, é acusado e ten que declarar ante o xuíz.
Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha estrada, e convenceuno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) na cidade de Auria, de borracheira. Ao saír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosa muller que pouca xente mirou. Métense por un burato do xardín e mírana dende lonxe nunha fiestra.
Despois de seguir vagando por Auria, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu, quen lles invita a quedarse na bodega , onde seguen a beber. Por descoido préndenlle lume ao pazo e escapan de alí. Despois, decidiron ir a unha casa de alterne. Na primeira bótanos fóra, e unha das mulleres dille a Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes, nunha taberna. Teñen que escapar correndo de alí, e van a outro lugar onde son mellor recibidos.
Fan plans de saír de Auria en tren pola mañá cedo, e para facer tempo dan voltas polas rúas, e nunha churrería o Milhomes rouba dúas botellas de augardente e continúan bebendo e vagando. Para que non lles atopen, agáchanse nunha igrexa, e ao saír van ao mesón do Roxo, onde perden todos os cartos.
Deciden voltar á casa dos Andrada, porque o Bocas desexaba estar coa muller que vira pola mañá, a que o final resulta ser unha boneca. O Bocas enfadase e di que quere estar cunha muller que non sexa prostituta. Para satisfacer a súa necesidade vai en busca de Socorrito, unha muller tola, que vive preto de vertedeiro de Auria.
Cando o Milhomes e Cibrán escoitan os berros da muller van correndo ata o lugar. O Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata. O Milhomes escapa do lugar por unha lagoa xeada, pero o xeo rompe e desaparece afundido.
O final da declaración, o xuíz ordena a volta ao cuartel de Cibrán. Este desesperado suicídase, aínda que non é segura como foi a súa morte.
PERSONAXES:
Cibrán: coñecido tamén polo “tiñica”, “puchapodre” ou o “castizo”. É un picapedreiro, que ten un fillo froito da relación cunha prostituta.
O Bocas: é un home corpulento, de carácter forte. É de salientar tamén a brutalidade que o vai caracterizando ao longo de toda a obra.
O Milhomes: ou tamén coñecido por “maricallas” ou “setesaias”. Tiña un oficio de xastre e unha maneira de ser moi burlona, a cal foi consecuencia de numerosas pelexas, como por exemplo a que mantivo co Bocas e que finalmente remata co incendio do pazo.
OPINIÓN PERSOAL:
É un libro un tanto peculiar, xa que toda a acción transcorre en vinte e catro horas. Chamoume a atención o papel do xuíz neste libro, o que se mantén como interlocutor toda a obra.
O que máis me intrigou foi o final, onde Cibrán se mata, pero sen ter moi clara a forma.
Sinceramente, non é un libro que recomendaria, xa que ao principio é un tanto pesado polo galego no que está escrito, no que aparecen todo tipo de vulgarismos, afereses, epenteses…
Noelia Martínez Novelle

6.6.06

Dios vuelve en una Harley (JOAN BRADY)


Por: Almudena Pérez Villar (4º ESO)

Este libro trata dunha muller que volve a un hospital de onde marchara facía 5 anos. Nel atópase cun ex noivo co que se quería casar, pero el lle tiña moito medo aos compromisos. Unha noite mentres ela ceaba na cafetaría do hospital, apareceu el e lle dixo que estaba casado coa que era o seu xefe antes de marchar; entón ela cando sae do hospital, vai a un bar e alí coñece un home que se facía chamar Joe. Cando ía para a súa casa pola praia atopouse con el montado nunha moto harley. El era DEUS pero ela non llelo cría porque sempre que o necesitaba nunca estaba pero o mandoulle uns mandamentos os cales día tras día ela ía cumprindo e así foi como ela foi mellorando a súa vida. Cando xa tiña todos feitos e el tiña que marchar, regaloulle unha cadea cos seus mandamentos. Eu recomendo ler este libro, pero se queres saber máis, tes que lelo.

No se lo digas a nadie. (JAIME BAILY)


Por: Lorena Castro Rodríguez (4º ESO)


O libro que lin gustoume bastante. Recomendounolo a rapaza que viu a darnos as charlas de educación sexual. Entre todos os da clase decidimos mercar o libro para ler os venres co profesor de lingua porque tócanos lectura. Pareceunos un libro interesante porque trata sobre un home que se sinte gay pero non se atreve a dicirllo a ninguén por medo a que se rían del. De pequeno non ten moi claro se lle gustan os homes ou as mulleres pero conforme vai crecendo vaise dando conta de que lle gustan realmente os homes. O principio o seu pai metíase moito con él dicindo que o seu era un maricón de merda e a súa nai era unha persoa moi relixiosa entón non podía nin crer que tiña un fillo gay. Ante tales burlas e críticas cando tiña vinte anos decidiu que xa non quería vivir máis en Lima e marchouse para Estados Unidos. Alí comezou unha vida nova sen que ninguén se metese con el e foi feliz porque atopou a xente coma el e non se sentiu un bicho raro. Recomendo ler este libro porque paréceme moi interesante porque trata o tema das persoas as que lles gusta a xente do seu propio sexo e pódense sentir identificadas.